30 octubre 2011.
Participantes: Ana, Ángel, Carmen, Rita y Santi.
Hora de comenzo as 11h.
É un Sendeiro de curto percorrido de dificultade media-baixa.
Ten unha distancia
No recorrido combina cam
O patrimonio artístico vén xalonado de igrexas, pazos, casas grandes e capelas, que constitúen unha fermosa reliquia do pasado n
A ruta dominical a partimos de Silleda, do Parque das Pedrosas , seguindo
en sentido invertido, o Camiño Real (Vía da Prata) cara ao lugar de Trasfontao, aquí visitamos a calzada, o pazo do século XVIII e a carballeira que cruzamos dentro
dun entorno de gran beleza. A flora e a fauna é abundante e rica en especies autóctonas.
De aquí saímos ao polígono industrial de Silleda para adentrarnos novamente noutra fraga dirección a igrexa de Santiago de Taboda, do siglo XII, temos sorte e chegamos ao final da misa, así podemos disfrutar do interior, posúe altar románico e un escudo dos Taboada, posiblemente procedene doutra construcción, adosado á parede.
A igrexa é dunha beleza inigualable, na fachada oeste ábrese unha porta formada por un tímpano, no que aparece a
escea de Sansón desquixando ao león, rodeado por dúas arquivoltas de baquetón. As arquivoltas descansan sobre unha imposta lisa, salvo no seu tramo meridional no que presenta decoración vexetal. A portada ten catro columnas rematadas en capiteles con decoración vexetal bastante esquemática. O tímpano está soportado por dúas ménsulas nas que aparecen esculpidas sendas cabezas de vaca.
O conxunto de Igrexa e cruceiro con fuste romboidal merece un tempo de disfrute.....
Feito este descanso cultural,
retrocedemos ao portón da casa rural, para continuar pola esquerda, collendo unha pista e logo outra vez á esquerda para baixar ao río Deza, de novo a senda nos introduce nun fermoso paraxe de río salpicado por muiños e senda fluvial ao carón do Deza ata chegar á fermosura que nos mostra a confluencia do río Asneiro no Deza...dende aquí a senda faise de subida ata chegar ao lugar de Camporrapado, famoso por ser terra de persoeiros ilustres e lugar de celebrada feira ata o S. XVIII, aquí facemos unha parada no Santuario dos Aflixidos.
A continuación proseguimos ata o lugar de Covas, onde visitamos a Casa de Turismo Rural, e de aí, pasando por entre carballeiras ata o Santuario da Saleta en Siador onde remata a camiñada, para admirar toda a súa contorna.
Para volver ao punto de inicio, xa por estrada asfaltada,
recorremos uns dous kilómetros para alcanzar novamente O parque das Pedrosas.
Facemos a comida no Restaurante O Coteliño.
Pola tarde aproveitamos para unha visita a Igrexa de San Martiño de Dornelas.
Muy buena esta entrada Garatuxa, ahora hay que actualizar a la ruta dos tres vales...
ResponderEliminar