Participantes: Ana, Rita e Santi.
A ruta completouse cunha visita ao Parque Botánico Enrique Valdés Bermejo en Villagarcía de Arousa. Antiguamente coñecido como Parque do Castriño.
O Xardín Botánico localízase na parte máis baixa do monte do Castriño, onde está ubicaco o Castro Alobre, berce de Vilagarcía de Arousa.
Este pequeno bosque semiurbano ten os seus inicios a comenzos do século XX.
Na parte máis alta do parque poidemos visitar ás excavacións do Castro Alobre, no pasado formaba unha península ou promontorio costeiro de destacada situación estratéxica.
Necrópolis romana, dunhas trinta tumbas de dirvesa tipoloxía, restos arquitectónicos que se recoñecen como pertencentes á unha factoría de salazón, ara romana adicada ao deus Neptuno, unidas aos restos de estructuras arquitectónicasPresenta ata tres recintos de diferente altura, ben delimitados por estructuras defensivas que, adaptándose á forma do promontorio, desmontaron as súas ladeiras para dificultar o acceso e tránsito hacia o recinto poboado.
Na organización do conxunto distínguense:
Un recinto superior o coroa de forma oval e disposición lixeiramente descentrada no conxunto do xacemento, delimitada por unha terraza de máis ou menos dous metros de altura nos puntos mellor conservados.
No sector oeste se conserva unha segunda terraza a máis baixo nivel, que estaría delimitada por un desnivel paralelo.
Dende a parte máis alta temos vistas dende diferentes ángulos ao Convento e Pazo de Vista Alegre.
As lendas falan da existencia dun túnel baixo os penedos no alto do Castro; túnel que levaba directamente ao Castelo medieval de Lobeira.
A gruta baixo os penedos garda relación con dito túnel e zona de reunión e escape dos ladróns da Vila.
De xeración en xeración cóntanse historias de misterio que teñen O Montiño como escenario.
O túnel que une O Montiño e Lobeira relaciona, na tradición oral, o Castro de Alobre e o medieval castelo de Lobeira con personaxes como a raiña Dona Urraca.
Os penedos de San Cristobo simbolizan o mundo máxico de Alobre. A cruz que en tempos o coroaba facía lembraza do asesinato dun rapaz cando varios ladróns o perseguían polo misterioso túnel, hoxe desa cruz só se conserva a peanaDespóis dun paseo magnífico por estos xardíns que en outono son un espectáculo de cores. Collemos o coche para buscaro o inicio da Ruta 1 do Monte Xiabre de 8,6 km.
A ruta comenza no Monumento aos Aviadores que está adicado aos axentes contraincendios que morreron nun accidente, nese mesmo lugar, nos anos setenta.
O principio da ruta é todo en subida e con vistas ao tramo final do río Ulla e á zona de Catoira. A maioría do percorrido vai por pistas forestais e sendeiros.
Ten máis zonas agrestes que de vexetación, así que case todo o camiño vai acompañado de magníficas vistas á ría e alí onde a masa forestal aparece nos amosa magníficas panorámicas ao mar a través dunha cortina vexetal.
Ao longo do percorrido cruzámonos con varios grupos de cazadores que ían tras o xabarín. E no medio da nada sorperndeunos esta cabaña de madeira, foi como atopar a casa do bosque que aparece sempre nos contos infantís.
As choivas destes días regalounos pinceladas bermellas na paixaxe coa amanita muscaria, presente e case todo o traxecto.
A partir de aquí temos o último tramo en subida con vistas xa á ría e á desembocadura do Ulla.
Facemos un descasiño para repór forzas xunto á fonte do Xiabre, onde nos atopamos cun grupo de cazadores que nos contan da fuxida de dous xabaríns que non os cruzamos por minutos.
Ao chegar ao cume do Xiabre recibiunos unha exposión ao aire libre coas famosas pinturas do artista Xurxo Alonso que decoran os xigantes muiños de ferro.
A última parte da ruta é en baixada e nos conduce a vistas panorámicas sobre a illa de Cortegada, a cidade de Villagarcía e o monte Lobeira.
Rematamos no mesmo punto de partida ás 14:30.
Antes de marchar completamos a ruta cunha visita aos petroglifos dos Ballotes con dúas parellas de cérvidos superpoxtas, combinacións circulares e cazoletas.
Un magnífico sendeiro con interese paisaxístico, arqueolóxico e artístico, no contorno natural do Monte Xiabre. Moi recomendable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario