martes, 1 de noviembre de 2011

Ruta de A Saleta.





















30 octubre 2011.

Participantes: Ana, Ángel, Carmen, Rita y Santi.

Hora de comenzo as 11h.

É un Sendeiro de curto percorrido de dificultade media-baixa.
Ten unha distancia de 13 km.

No recorrido combina camiños asfaltados, calzadas empredadas, camiños rurais e vías pecuarias.
O patrimonio artístico vén xalonado de igrexas, pazos, casas grandes e capelas, que constitúen unha fermosa reliquia do pasado nas terras de Trasdeza. A maior parte da ruta nos transcorre sobre un tramo do Camiño Mozárabe (Vía da Prata) pero en sentido inverso.

A ruta dominical a partimos de Silleda, do Parque das Pedrosas , seguindo en sentido invertido, o Camiño Real (Vía da Prata) cara ao lugar de Trasfontao, aquí visitamos a calzada, o pazo do século XVIII e a carballeira que cruzamos dentro dun entorno de gran beleza. A flora e a fauna é abundante e rica en especies autóctonas.

De aquí saímos ao polígono industrial de Silleda para adentrarnos novamente noutra fraga dirección a igrexa de Santiago de Taboda, do siglo XII, temos sorte e chegamos ao final da misa, así podemos disfrutar do interior, posúe altar románico e un escudo dos Taboada, posiblemente procedene doutra construcción, adosado á parede.

A igrexa é dunha beleza inigualable, na fachada oeste ábrese unha porta formada por un tímpano, no que aparece a

escea de Sansón desquixando ao león, rodeado por dúas arquivoltas de baquetón. As arquivoltas descansan sobre unha imposta lisa, salvo no seu tramo meridional no que presenta decoración vexetal. A portada ten catro columnas rematadas en capiteles con decoración vexetal bastante esquemática. O tímpano está soportado por dúas ménsulas nas que aparecen esculpidas sendas cabezas de vaca.

O conxunto de Igrexa e cruceiro con fuste romboidal merece un tempo de disfrute.....

Dende aquí un camiño empedrado nos conduce a Ponte Taboada, datado do século X. Aquí facemos un descansiño para repor forzas mentras contemplamos a beleza da ponte medieval e a conservada calzada de orixe romana.

Feito este descanso cultural,

retrocedemos ao portón da casa rural, para continuar pola esquerda, collendo unha pista e logo outra vez á esquerda para baixar ao río Deza, de novo a senda nos introduce nun fermoso paraxe de río salpicado por muiños e senda fluvial ao carón do Deza ata chegar á fermosura que nos mostra a confluencia do río Asneiro no Deza...dende aquí a senda faise de subida ata chegar ao lugar de Camporrapado, famoso por ser terra de persoeiros ilustres e lugar de celebrada feira ata o S. XVIII, aquí facemos unha parada no Santuario dos Aflixidos.

A continuación proseguimos ata o lugar de Covas, onde visitamos a Casa de Turismo Rural, e de aí, pasando por entre carballeiras ata o Santuario da Saleta en Siador onde remata a camiñada, para admirar toda a súa contorna.

Para volver ao punto de inicio, xa por estrada asfaltada, recorremos uns dous kilómetros para alcanzar novamente O parque das Pedrosas.

Hora de remate as 14:30.

Facemos a comida no Restaurante O Coteliño.

Pola tarde aproveitamos para unha visita a Igrexa de San Martiño de Dornelas.



1 comentario:

  1. Muy buena esta entrada Garatuxa, ahora hay que actualizar a la ruta dos tres vales...

    ResponderEliminar