martes, 25 de octubre de 2011

Ruta dos Muiños de Baredo unida ao Camiño Portugués pola costa, de Baiona a A Ramallosa

Día 23 de octubro de 2011.

Participantes: Ana, Kiko, Nieves, Santi e Rita.

Hora de comenzo as 10 e media. Saida do Restaurante Roca Mar.

A ruta recorre uns 12 km en total.

Comenzamos en subida polos muiños de Baredo que salpican o río Fraga, tamén chamado o río dos tres regatos. En total son uns nove muiños dos que só están restaurados tres.

A subida polo río é fermosísima e de fácil percorrido, xa que a maior parte do tramo vai por un paseo de madeira, pódese observar vexetación autóctona galega, e a caida da auga sobre as rochas perfila formas caprichosas existindo varios tramos con pozas de sobre un metro de profundidade.

Rematado o tramo de muiños imos en busca do camiño de santiago, para elo subimos a igrexa de Santa María de Baredo, construida no ano 1812 sobre unha primitva do 1140 do que se conserva no interior unha bóveda de crucería, neste templo se conserva unha imaxe da Virxe da Cela atopada no século XVI sobre o mar no lugar de Outeiros da Arquiña.

Dende aquí continuamos o camiño de Santiago dirección a Colexiata de Santa María na entrada de Baiona, todo este tramo nos ofrece magníficas vistas sobre o océano Atlántico e as Illas Cíes, pasamos por dúas curiosas fontes unha cun cántaro coroando o Tellado e outra con forma dunha almena de castelo.

Na entrada a Baiona recíbenos a igrexa de Santa Liberata e a Colexiata de Santa María.

A igrexa de Santa Liberata é de 1709

Na sua fachada principal, flanqueada por duas torres adornadas con pináculos rematados en bola, destaca a imaxe da Santa crucificada. A ambos lados nos atopamos con dous escudos: o de Castela-León e o de Baiona.

A Colexiata de Santa María

Este edificio data de finais do século XIII, aínda que se inicia na segunda metade do século XII.

Románico de transición, con notables influencias da arquitectura cisterciense. Podemos destacar no seu interior un púlpito do século XV e un retablo barroco, obra de Antón del Villar.

A iglexa presenta ao exterior un aspecto de fortaleza, que queda reforzado pola presencia de torres e por una fachada de gran austeridade.
A portada principal é abocinada e presenta decoración a base de motivos xeométricos. Sobre ela se dispón un rosetón sinxelo. Foi instituida Colexiata no ano 1484 polo Obispo Diego de Muros.

Facemos paradiña nun café para repoñer forzas e esperar que escampe, cousa que non ocorre.

Dende aquí seguimos o camiño hacia o centro de Baiona baixando polo Hospital da Caridade, hoxe transformado en Biblioteca.

As rúas de pedra molladas danlle unha imaxe moi diferente a que coñecemos do verán. Facemos un pequeno desvío do camiño da Costa para visitar as rúas principias e retomamos cara o Cruceiro da Santísima Trinidade.

Situado na zona máis alta e apartada do pobo de Baiona, data do século XV. Está construido sobre unas rochas.

É dos poucos exemplares con cuberta de baldaquino, os seus extremos están rematados con bolas. A sus cúpula é renacentista, con forma de pirámide apoiada sobre unas columnas rematadas en pináculos cilíndrico acabados en forma cónica. No interior está o cruceiro gótico onde a Cruz presenta no seu anverso a figura de Cristo crucificado e no reverso unha imaxe mariana, aos seus pés, a imaxe da Virxen xunto outras figuras consagradas da Dolorosa, A Magdalena e o Apóstol Santiago.

A sua utilidade no pasado era a de altar para celebrar a misa nos tempos da peste e enfermidades para os habitantes de Val Miñor e para as tripulacións dos navíos que permanecían fondeados na Ría de Baiona.

Dende aquí o camiño complicase por mor da chuvia que se fai máis persistente, así que xa non facemos parada ata a chegada a A Ramallosa, recorremos varias Pontes medievais ata chegar ao final da ruta na ponte románica da Ramallosa sobre o río Miñor.

Esta ponte, que atravesa o río Miñor e divide os termos municipais de Baiona e Nigrán, é unha das máis fermosas de estilo medieval que se conservan en Galicia. Ten 10 ollos ou vans con arcos de medio punto, dos cales oito pertencen a Baiona. Algúns deles son arcos oxivais, seguramente debido ós estilos vixentes nas épocas nas que debeu de sufrir algunha reparación.

Na metade da ponte consérvase un cruceiro, que ten ós seus pés unha imaxe de san Telmo, patrón dos navegantes e a quen a historia lle recoñece o telo mandado construír.

Debaixo da ponte hai un peto de ánimas que representa ás ánimas en pena. Ata hai poucas décadas, xunto desta ponte celebrábanse ritos relacionados coa fertilidade. Segundo a tradición, a muller encinta que non lograba ter fillos conxuraba ó seu fado adverso vertendo sobre o seu ventre auga do río. A conxura, para ser efectiva, debía realizarse ás 12 da noite, debendo apadriñar a criatura a primeira persoa que atravesase a ponte.

Rematamos a ruta ás 15 horas. Duración 4 horas e media.

1 comentario: