13 de Novembro do 2011.
Ruta lineal de 12,7 Km.
Hora de comenzo as 12:20
Participantes Ángel, Carmen, Rita e Santi.
A mañán amenceu chuviosa co que só os máis valentes acudimos á cita. E tivemos sorte xa que no concello de Touro o tempo deunos unha tregua.
Ruta lineal de 12,7 Km.
Hora de comenzo as 12:20
Participantes Ángel, Carmen, Rita e Santi.
A mañán amenceu chuviosa co que só os máis valentes acudimos á cita. E tivemos sorte xa que no concello de Touro o tempo deunos unha tregua.
O camiño ten tramos pegados ao río Ulla que vai manso nunhas zonas e ruidoso e veloz noutras, algúns tramos suben pola fraga e nos regalan paraxes dos máis fermosos onde a sobreira, o carballo, o loureiro, o castaño, a xilbardeira típica do Nadal, e outras tantas especies autóctonas galegas nos amosan un bosque típico doutra época. Durante o percorrido tes a sensación de que dalgún recuncho nos poida saír un druida o duende.
Os cores do outono danlle unhas tonalidades únicas e as follas secas caídas contrastan co verde musgo que o cubre todo.
A ruta completouse coa recolección de setas, as choivas destes días fixeron que asomen á noso encontro brillantes e fermosas. Así recollimos o apreciado boletus que serviu para a cea.
E a macrolepiota, que fixo un suculento prato preparada con ovo, pan raiado e parmesano.
En todo o percorrido pódense observar as chamadas "Ourceiras", unha construcción tradicional para gardar os ourizos das castañas no mesmo souto onde se recollen. Consiste nun valadiño circular de pedra (cachotería), construido de forma rudimentaria, (dun e medio a metros de diámetro e dun de altura, aproximadamente) cunha entrada nun dos puntos, na que ás veces se lle pon un portelo, chamado porteleiro. No interior déitanse os ourizos aínda sen abrir que se chimpan do propio castiñeiro cunha avaloira ou taloira para posteriormente cubrilos de follas secas de castiñeiro, de xeito que se poden conservar por varios meses. Posteriormente sácanse pola apertura cun angazo ou cun pau en forma de pinza chamado petela.
A súa funcionalidade viña determinada pola necesidade existente nas serras de protexer as castañas de animais como o xabarín ou o porco bravo.
Na actualidade as castañas da ouriceira son menos apreciadas que as outras xa que collen un sabor pouco agradable coñecido como "saber a ouriceira", sendo esta unha das posibles causas do actual abandono progresivo do seu uso.
A igual nos acompaña a Xilbardeira durante todo o camiño, é un arbusto de sobre un metro de altura sempre verde e cun fruto en forma de bóla vermello. Recibe tamén o nome de azoutacristos, picanceira, e rascacú.
Os bosques de ribeira, os restos dos muiños e as abandonadas ouriceiras aproxímanos, en medio dun fermoso paraxe natural, ata A Fervenza do Inferniño y a Os muíños de Quintas.
Para ir á fervenza temos que coller unha derivación de uns 100 metros e sorpréndenos tras unha cortina de vexetación que fai do lugar un rincón con moito encanto.
Facemos unha foto de grupo neste fermoso paraxe.
Dende aquí a senda transfórmase nunha profunda e larga corredoira que aparece como seguramente luciu durante centos de anos. A sensación é comparable a cando entras nunha igrexa románica, de pisar o chan polo que seguramente transitaron durante centos de anos nosos ancestrais.
Tras esta larga corredoira o camiño tórnase en senda e aparece enmarcado por uns traballados muros que dan paso a unha abandonada construcción en pedra , seguramente que utilizada como almacén e refuxio.
O sendeiro segue dirección aos muiños de Quintás, un deles en perfecto estado de conservación e cun impresioanante canle que discorre a maior altura.
Continuamos o camiño para desembocar nun remanso no río Ulla, coñecido como o Pozo do Pego. Aquí o río forma unha ampla e profunda vaira da que se contan moitas historias, algúns dín que as augas fan un remuiño do que os nadadores no dan escapado, e despóis de tragalos van sair río abaixo coma si dunha viaxe baixo as augas se tratase.
O lugar é dunha beleza inusual e transmite sensación de tranquilidade, seguramente resulte moi apetecible un baño nos cálidos días de verán, a pesar de todas estas historias que se contan.
Dende aquí comenza o sprint final da ruta cun tramo todo en subida ata alcanzar o lugar de San Pedro de Ribeira.
Hora de remate as 16: 15. Tempo de ruta 4 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario