6 de Novembro do 2011
Ruta circular duns 14 Km.
Participantes Alex, Ana, Ángel, Carmen, Jose Antonio, Kiko, Lola, Nieves, Nuria, Santi e Rita.
A ruta pasa por lugares dende os que se pode observar o val de Carballedo, o val do Lérez e o val da Ría de Pontevedra, de ahí os seu nome "Ruta dos tres vales".
Saída da igrexa de San Miguel de Carballedo. Hora de comenzo ás 1o:15.
No adro da igrexa existe un interesante cruceiro con gran número de figuras, na parte máis alta do fuste á mesma altura aparecen tres esculturas sobre sendos pedestais, puidemos recoñecer ao Arcanxel San Miguel representado con alas e espada, a segunda imaxe aparece cun año en brazos posiblemente corresponda a San Xoán Bautista e a terceira representada cos atributos de pluma nunha man e libro noutra, podría se a imaxe de San Marcos.
No fuste pero nunha posición máis baixa pódense ver as figuras de Adán e Eva no momento do pecado, aparecen reperesentados en actitude de vergoña e nun grupo escultórico acompañados da serpente e o árbol.
Coroando o cruceiro a imaxen da Virxen con dous anxos , probablemente a Asunción. Non atopei documentación sobre este cruceiro co que básome nas miñas intuicións.
Dende aquí temos a primeira subida hacia A Cruz do Castro onde podemos visitar as excavacións arqueolóxicas comenzadas no ano 2008 que amosan unha parte da muralla e a base dunha construcción de planta cadrada datadas entre a idade de Ferro e a época romana tardía.
No mesmo outeiro podemos visitar o Muíño de Vento de Laredo, unha das catro construccións deste tipo existentes en Cotobade. É do tipo bidireccional de cuberta fixa e foi recentemente restaurado
Nas súas inmediacións atópase o baseamento e pedestal da cruz que coroaba o monte e que lle daba nome, destruída durante o século pasado.
Dende aquí o camiño continúa entre carballeiras, corredoiras e camiños empedrados que nalgún tramo aparecen anegados polas choivas de días pasados, hasta chegar ao Muiño da Igrexa, que pertence a tipoloxía de cubo, unha impresionante canle transporta a auga nunha perfecta construcción a modo de acueducto.
O muiño pódese visitar por dentro, sorprende a división de espacios no interior a través dunha parede de pedra, así ten unha zona propiamente de moenda e a outra, na entrada, a modo de almacén o similar.
Continuamos a ruta por camiños empedrados que se tornan máis escarpados e atravesan unha paisaxe máis abrupta ata chegar á Braña das Pozas Secas onde a paisaxe tranfórmase en vexetación e prados.
É nesta zona onde podemos observar pegadas de xabaríns.
O seguinte punto a visitar é o Mirador Coto do Ceo, fai honor ao seu Nome xa que
durante todo o traxecto tes a sensación de estar tocando o ceo, dende aquí disfrutamos primeiro de magníficas vistas sobre Dorna, Santa María de Sacos, Fentáns e todo o Val do Lérez.
E un pouco máis adiante temos belísimas panorámicas sobre a Ría de Pontevedra e o océano, divisándose incluso as illas de Tam
bo e Ons. É o Monte Arcela a parte de máis altitud da ruta, uns 500m.
Despóis deste tramo con vistas o camiño faise de baixada pero se complica coa presencia de pedras soltas que o fan máis dificultoso, neste tramo a ruta conecta coa GR 94 Sendeiro Rural de
Galicia.
Facemos un corto descansiño para repór forzas e continuamos dirección ao Foxo do Lobo das Brañeias,
esta construcción popular consta dunha serie de elementos empregados para conduciren o lobo ata un lugar onde se lle poida dar caza.
Habitualmente os seus elementos constitutivos son un par de muros ou valados e un pozo ou foxo. Os valados teñen altura suficiente para impediren o paso dos
e forman no terreo os dous lados dun triángulo.
No seu vértice hai ou un furado escavado no chan, o foxo propiamentedito, no que os lobos eran capturados e mortos.
Dende aquí temos que voltar tras nosos pasos para retomar á ruta principal, hai que ter coidado xa que aquí coicide ademáis de coa ruta GR 96 coa do Foxo do lobo, así que temos que orientarnos pola estrada en lugar de polas marcas,
o noso seguinte punto de interese é o chamado Chan da Vesada onde visitaremos Os grabados rupestres de “Os Carreiros”.
A Chan da Vesada é unha zona de relevo deprimida rodeada de pequenos outeiros. A inexistencia dunha boa drenaxe, entre
outros motivos, fai que durante boa parte do ano estea inundada e cuberta de auga, polo que é frecuente ver pacer nela as bestas e vacas que viven no monte.
Este tipo de formacións reciben o nome de Brañas, e son de gran importancia dende o punto de vista medioambiental, na Arqueoloxía tamén son interesantes xa que arredor delas acostuman a emprazarse xacimentos arqueol
óxicos prehistóricos.
O petroglifo de "Os Carreiros " representa unha espiral e outros dous motivos que son símbolos que remiten ás crenzas dequel período da Prehistoria, así vénse tres cazoletas xunto con dúas formas curvas.
Nas proximidades
tamén existen tres mámoas: A da Chan da Vesada, e As do Coto da Mina, pero non fomos quen de atopalas.
Temos que voltar un tramo pola estrada para adentranos de novo nunha pequena carballeira e alcanzar o lugar de Chan do Muiño, outra zoa de humedal onde podemos visitar dous muiños.
O Muiño de Morgade, cun impresionante canal en pedra a modo de acuducto similar ao muiño da igrexa, sorprende a reutilización déste como refuxio de cazadores así ten añadidos como unha chiminea en cemento, no interior a roda de moer está reutilizada como mesa e na esquina aparece unh
a lareira cun pequeno almacén para leña.
O Muiño da Costa , en estado máis ruinoso pero cun acueducto igualmente impresionante,
nas inmediacións parece ser que existen outros petroglifos pero xa é tarde para buscalos..
Como deixas o relato da ruta imcompleto? non irias a tomar un KIT-KAT?jajjjaja, acabo anda,que inda che faltan as zonas dos petros e os muiños .
ResponderEliminarVaime fatal o ordenador estes días, desesperante, a ver se cando teña máis temnpiño a remato.
ResponderEliminar