Actividade do día 27 de novembro 2011

E a máis perigosa das setas, a Amanita phaloides, pódese diferenciar polas láminas brancas e forma bulbosa na raiz. E Kiko dicindo que esa tiña que ser comestible porque era do cor da nata.

Inicio da ruta na vila de Cuntis.
Participantes: Ana, Ángel, Carmen, Kiko, Nieves, Rita e Santi.
A ruta descorre por unha senda natural que une por vellos camiños os núcleos de Cuntis e Valga.
Trátase dun sendeiro lineal principal de 17 km con derivacións de 7 km, a primeira ao petroglifo da Pedra da Serpe e a segunda, máis curta, á Fervenza de Raxoi. En total forma un percorrido de 24 km.
Nós fixemos a parte principal e a derivación á fervenza de Raxoi, , xa que todos coñecíamos o petroglifo da Laxe da Serpe.

A saída é dende o cruceiro de Trasponte, aquí temos un conxunto de cruceiro e fonte moi fermoso e pódense ver as marcas da ruta 21, hai que ir pendente xa que nalgúns tramos crúzase coa 22.

Saíndo do núcleo de Cuntis a paixase tórnase de súpeto en rural e aparece salpicada de múltiples contruccións populares como hórreos, alpendres, pombares, fontes e lavadoiros.

Algún lavadoiro moi curiosos, éste por exemplo está contruido con catro pilóns independentes unidos por unha canle que os suminitra dende a fonte.

Temos pequenos tramos cubertos de bosques onde a árbore reinante é o eucalipto, desgraciadamete, e de vez en cando sí podemos observar algún autóctono galego, no camiño proliferan as setas, moitas delas perigosas para os poucos coñecedores.

Esta ruta foi moi intructiva para coñecer as setas máis mortíferas dos nosos bosques, atopamos o boletus luridus, tóxico en crudo, diferíenzase dos comestibles porque ao corte pónse inmediatamente de cor azul.
Podemos ver tamén en case todo o percorrido a amanita muscari, tamén tóxica, pero que dá unha nota de cor aos ocres otoñais.
E a máis perigosa das setas, a Amanita phaloides, pódese diferenciar polas láminas brancas e forma bulbosa na raiz. E Kiko dicindo que esa tiña que ser comestible porque era do cor da nata.
E por fin un boletus comestible.
O final da ruta nos leva pola rectoral de Valga e dende aquí ata o núcleo do pobo.
O traxecto o completamos cunha visita ao Muiños de Parafita un enclave de gran beleza onde o río baixa formado fermosísimas fervenzas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario