lunes, 21 de noviembre de 2011

RUTA DO MONTE XIABRE.

Actividade do día 20 de Novembro de 2011
Participantes: Ana, Rita e Santi.
A ruta completouse cunha visita ao Parque Botánico Enrique Valdés Bermejo en Villagarcía de Arousa. Antiguamente coñecido como Parque do Castriño.

O Xardín Botánico localízase na parte máis baixa do monte do Castriño, onde está ubicaco o Castro Alobre, berce de Vilagarcía de Arousa.




Este pequeno bosque semiurbano ten os seus inicios a comenzos do século XX.



Na parte máis alta do parque poidemos visitar ás excavacións do Castro Alobre, no pasado formaba unha península ou promontorio costeiro de destacada situación estratéxica.

Necrópolis romana, dunhas trinta tumbas de dirvesa tipoloxía, restos arquitectónicos que se recoñecen como pertencentes á unha factoría de salazón, ara romana adicada ao deus Neptuno, unidas aos restos de estructuras arquitectónicas



Presenta ata tres recintos de diferente altura, ben delimitados por estructuras defensivas que, adaptándose á forma do promontorio, desmontaron as súas ladeiras para dificultar o acceso e tránsito hacia o recinto poboado.




Na organización do conxunto distínguense:

Un recinto superior o coroa de forma oval e disposición lixeiramente descentrada no conxunto do xacemento, delimitada por unha terraza de máis ou menos dous metros de altura nos puntos mellor conservados.

No sector oeste se conserva unha segunda terraza a máis baixo nivel, que estaría delimitada por un desnivel paralelo.





Dende a parte máis alta temos vistas dende diferentes ángulos ao Convento e Pazo de Vista Alegre.



As lendas falan da existencia dun túnel baixo os penedos no alto do Castro; túnel que levaba directamente ao Castelo medieval de Lobeira.

A gruta baixo os penedos garda relación con dito túnel e zona de reunión e escape dos ladróns da Vila.



De xeración en xeración cóntanse historias de misterio que teñen O Montiño como escenario.

O túnel que une O Montiño e Lobeira relaciona, na tradición oral, o Castro de Alobre e o medieval castelo de Lobeira con personaxes como a raiña Dona Urraca.

Os penedos de San Cristobo simbolizan o mundo máxico de Alobre. A cruz que en tempos o coroaba facía lembraza do asesinato dun rapaz cando varios ladróns o perseguían polo misterioso túnel, hoxe desa cruz só se conserva a peana








Despóis dun paseo magnífico por estos xardíns que en outono son un espectáculo de cores. Collemos o coche para buscaro o inicio da Ruta 1 do Monte Xiabre de 8,6 km.




A ruta comenza no Monumento aos Aviadores que está adicado aos axentes contraincendios que morreron nun accidente, nese mesmo lugar, nos anos setenta.



O principio da ruta é todo en subida e con vistas ao tramo final do río Ulla e á zona de Catoira. A maioría do percorrido vai por pistas forestais e sendeiros.
Ten máis zonas agrestes que de vexetación, así que case todo o camiño vai acompañado de magníficas vistas á ría e alí onde a masa forestal aparece nos amosa magníficas panorámicas ao mar a través dunha cortina vexetal.





Ao longo do percorrido cruzámonos con varios grupos de cazadores que ían tras o xabarín. E no medio da nada sorperndeunos esta cabaña de madeira, foi como atopar a casa do bosque que aparece sempre nos contos infantís.



As choivas destes días regalounos pinceladas bermellas na paixaxe coa amanita muscaria, presente e case todo o traxecto.






A partir de aquí temos o último tramo en subida con vistas xa á ría e á desembocadura do Ulla.



Facemos un descasiño para repór forzas xunto á fonte do Xiabre, onde nos atopamos cun grupo de cazadores que nos contan da fuxida de dous xabaríns que non os cruzamos por minutos.
Ao chegar ao cume do Xiabre recibiunos unha exposión ao aire libre coas famosas pinturas do artista Xurxo Alonso que decoran os xigantes muiños de ferro.




A última parte da ruta é en baixada e nos conduce a vistas panorámicas sobre a illa de Cortegada, a cidade de Villagarcía e o monte Lobeira.










Rematamos no mesmo punto de partida ás 14:30.


Antes de marchar completamos a ruta cunha visita aos petroglifos dos Ballotes con dúas parellas de cérvidos superpoxtas, combinacións circulares e cazoletas.







Un magnífico sendeiro con interese paisaxístico, arqueolóxico e artístico, no contorno natural do Monte Xiabre. Moi recomendable.

lunes, 14 de noviembre de 2011

RUTA PRG 93 RIBEIRA DO ULLA.


13 de Novembro do 2011.
Ruta lineal de 12,7 Km.
Hora de comenzo as 12:20
Participantes Ángel, Carmen, Rita e Santi.
A mañán amenceu chuviosa co que só os máis valentes acudimos á cita. E tivemos sorte xa que no concello de Touro o tempo deunos unha tregua.
O comenzo da ruta é en Ponte Basebre, ao ser lineal un dos coches tivemos que levalo ao final do percorrido en San Pedro de Ribeira.

Imos pola marxe dereita do río Ulla, existe outra ruta pola marxe esquerda que resulta algo máis curta e se pode utilizar para facela circular.

Ésta foi unha das sendas máis fermosas que fixemos xa que o total da ruta trascorre por unha fraga atravesada por camiños de pescadores, calzadas empedradas e profundas corredoiras que permanecen inalterables ao través do tempo.

O camiño ten tramos pegados ao río Ulla que vai manso nunhas zonas e ruidoso e veloz noutras, algúns tramos suben pola fraga e nos regalan paraxes dos máis fermosos onde a sobreira, o carballo, o loureiro, o castaño, a xilbardeira típica do Nadal, e outras tantas especies autóctonas galegas nos amosan un bosque típico doutra época. Durante o percorrido tes a sensación de que dalgún recuncho nos poida saír un druida o duende.

Os cores do outono danlle unhas tonalidades únicas e as follas secas caídas contrastan co verde musgo que o cubre todo.

A ruta completouse coa recolección de setas, as choivas destes días fixeron que asomen á noso encontro brillantes e fermosas. Así recollimos o apreciado boletus que serviu para a cea.



E a macrolepiota, que fixo un suculento prato preparada con ovo, pan raiado e parmesano.




En todo o percorrido pódense observar as chamadas "Ourceiras", unha construcción tradicional para gardar os ourizos das castañas no mesmo souto onde se recollen. Consiste nun valadiño circular de pedra (cachotería), construido de forma rudimentaria, (dun e medio a metros de diámetro e dun de altura, aproximadamente) cunha entrada nun dos puntos, na que ás veces se lle pon un portelo, chamado porteleiro. No interior déitanse os ourizos aínda sen abrir que se chimpan do propio castiñeiro cunha avaloira ou taloira para posteriormente cubrilos de follas secas de castiñeiro, de xeito que se poden conservar por varios meses. Posteriormente sácanse pola apertura cun angazo ou cun pau en forma de pinza chamado petela.

A súa funcionalidade viña determinada pola necesidade existente nas serras de protexer as castañas de animais como o xabarín ou o porco bravo.

Na actualidade as castañas da ouriceira son menos apreciadas que as outras xa que collen un sabor pouco agradable coñecido como "saber a ouriceira", sendo esta unha das posibles causas do actual abandono progresivo do seu uso.


A igual nos acompaña a Xilbardeira durante todo o camiño, é un arbusto de sobre un metro de altura sempre verde e cun fruto en forma de bóla vermello. Recibe tamén o nome de azoutacristos, picanceira, e rascacú.



Os bosques de ribeira, os restos dos muiños e as abandonadas ouriceiras aproxímanos, en medio dun fermoso paraxe natural, ata A Fervenza do Inferniño y a Os muíños de Quintas.
Para ir á fervenza temos que coller unha derivación de uns 100 metros e sorpréndenos tras unha cortina de vexetación que fai do lugar un rincón con moito encanto.


Facemos unha foto de grupo neste fermoso paraxe.

Dende aquí a senda transfórmase nunha profunda e larga corredoira que aparece como seguramente luciu durante centos de anos. A sensación é comparable a cando entras nunha igrexa románica, de pisar o chan polo que seguramente transitaron durante centos de anos nosos ancestrais.

Tras esta larga corredoira o camiño tórnase en senda e aparece enmarcado por uns traballados muros que dan paso a unha abandonada construcción en pedra , seguramente que utilizada como almacén e refuxio.


O sendeiro segue dirección aos muiños de Quintás, un deles en perfecto estado de conservación e cun impresioanante canle que discorre a maior altura.




Continuamos o camiño para desembocar nun remanso no río Ulla, coñecido como o Pozo do Pego. Aquí o río forma unha ampla e profunda vaira da que se contan moitas historias, algúns dín que as augas fan un remuiño do que os nadadores no dan escapado, e despóis de tragalos van sair río abaixo coma si dunha viaxe baixo as augas se tratase.




O lugar é dunha beleza inusual e transmite sensación de tranquilidade, seguramente resulte moi apetecible un baño nos cálidos días de verán, a pesar de todas estas historias que se contan.






Dende aquí comenza o sprint final da ruta cun tramo todo en subida ata alcanzar o lugar de San Pedro de Ribeira.
Hora de remate as 16: 15. Tempo de ruta 4 horas.