lunes, 20 de junio de 2011

RUTA DE SENDERISMO PR-G 68 A VIA ESCONDIDA

























RUTA DE SENDERISMO PR-G 68 A VIA ESCONDIDA

Hora de inicio ás 10 en Viascón, no bar Manolo.

Lonxitude: 20 km

Participantes: Amador, Kiko, Nieves, Rita e Santi.

A ruta está perfectamente sinalizada, casi é imposible perderse.

Comenzamos dirección ós muiños de A Portela, este tramo discurre por un sendeiro ao borde do río Cabanelas, nun entorno paisaxístico de gran beleza, cruzando paraxes prodixosamente verdes nas ribeiras do río, primeiramente chegamos ao muiño de A Veiga, perfectamente restaurado e que permite a sua visita interior, a porta está simplemente pechada cun cordel. Dende aquí partimos hacia O Muiño de Reboredos por unha senda estreita e en pendiente sobre o río. Seguidamente temos o Muiño de Mallo, en peor estado. Este tramo de ribeira que transcurre por un túnel vexetal remata na Ponte de Rexedoiro, dende aquí a senda tranfórmase en pista forestal e o entorno alterna zonas de bosque con áreas máis peladas, ata chegar ao seguinte punto de interés A Carballeira de Carbalinchán , un paraxe de gran fermosura que aporta unha nota de sombra nesta mañán veraniega de xuño. Continuamos por un tramo desprovisto de vexetación ata chegar ao Mirador do Coto de Bouza de Mogo, formado por roquedales de gran tamaño, dende aquí podemos disfrutar dunhas fermosísimas vistas sobre as parroquias de Viascón. Voltamos por unha baixada en pendiente para retomar o eixe central da ruta dirección ás piscinas fluviais de Cabanelas, e o facemos, en lugar de pola ruta principal, polo tramo da ruta das Coutadas que vai novamente pegado ao río, dende aquí a vexetación tórnase cada vez máis frondosa ata chegar ao pozo de Cachopo e o muiño de Abaixo, un rincón pintoresco formado polo muiño e unha pequena fervenza que forma ao caer sobre a rocha un pozo natural. Todo nun conxunto de vexetación de ribeira que lle aporta unha pincelada de color. Seguimos río arriba pasando polos muiños de Arriba, A Casa de Alvariza e o muiño de Aceñas de Abaixo, xa na área recreativa de Cabanelas, aquí facemos unha paradiña para a merenda.

O camiño segue dirección aos petroglifos de As Coutadas, cruzamos o pobo de Cabanelas con gran número de hórreos e tomamos novamente o curso do río pasando polos muiños de Aceñas de Arriba, de tipoloxía de cubo pero que nos sorprende polo gran tamaño de éste, e o Muiño Novo. Saímos da vexetación de ribeira e do sendeiro estreito para continuar por novas pistas forestais, existe o desvío aos petroglifos de As Coutadas pero dado que xa os coñecíamos decidimos non desviarnos da ruta e continuar por un camiño escarpado ladeira arriba ata o Coto de Castro, dende aquí temos unhas magníficas panorámicas dos montes circundantes e pódese divisar A ría de Pontevedra, illas de Tambo e Ons. E no recorrido acompáñanos formacións rocosas con curiosas formas. A baixada en pendente nos leva ata noso seguinte punto de interés Os petroglifos de Portelas da Laxe, conxunto cercado cun valado. Sobre unha laxe horizontal obsérvanse varios gravados: circunferencias concéntricas, cadrados, dúas esvásticas, soliforme, e paletas.

Aquí terminamos a parte principal da ruta, pero decidimos facer a desviación á Atalaia, tamén circular, para visitar o pobo e os muiños de Fonteseca, Barbeitos e Muiño Grande, así como os pasos sobre o río Lérez, ésta foi a parte máis dura xa que a subida de regreso foi pronunciada e as dúas da tarde cun sol implacable resultou moi mal aliado para o camiñante.

Finalizamos a ruta voltando ao bar Manolo pasando pola igrexa de Santiago de Viascón.

Hora de remate da ruta ás 16:00 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario