lunes, 13 de junio de 2011

Ruta dos muiños de Freaza e os montes de Gargamala













Actividade do día 12 de xuño do 2011.

Participantes: Amador, Ana, Kiko, Luisa, Nieves, Santi e Rita

Comenzo e final da ruta en Freaza (Fornelos de Montes)

Transcurre polos territorios de Pazos de Borbén, Fornelos e Mondariz.

Hora de comenzo: 11:15

A ruta a comenzamos no lugar de Freaza coincidindo co primeiro tramo da chamada ruta dos muiños de Freaza. Visitamos o muíño de Agosto, do Cubo e do Medio situados na marxe dereita do río. Proseguimos a senda pola marxe esquerda, cruzando zonas de prado onde se poden ver paisaxes típicos da Galicia profunda, granxas de vacas, grupos de cabalos, ovellas e cabras nun entorno plenamente rural e rodeado de montaña. No noso recorrido o monte pelado altérnase cos verdes prados e a frondosidade nas beiras do río Freaza.

Dende aquí a próxima parada é nas mámoas dos Montes de Gargamala, un grupo de dúas mámoas sen escavar onde se pode ver perferctamente a lousa horizontal e a parte superior dalgún ortostato.

Continuamos o camiño dirección A Rua e Mourelle, e un pouco antes da Capela do Doce Nome de Xesús en Mourelle, nos desviamos a esquerda dirección Boente, coa intención de alcanzar o noso seguinte punto de interese: os Petroglifos da Laxe do Esperón, pero saltamos o cruce que conducía aos petroglifos e ampliamos a ruta ata Barro, nesta pequena aldea pasounos algo curioso...coñecimos a Maximino de Gargamala, home hospitalario que nos convidou á sua casa e ofréceunos xamón, chourizo e pan de millo, todo regado cun calimocho caseiro que refrescou nosas gorxas secas da calor e do cansancio…ademáis aprovisionounos de ciruelas e manzás para o camiño. Bo home Maximino. Como non, fixemos a foto de rigor co bo samaritano.

Dende aquí seguimos o camiño hacia a igrexa de Santa María de Gargamala, onde a casualidade fixo que atopásemos na porta o cura que tamén, moi amable, nos facilitou a visita ao interior, onde poidemos ver as pinturas que todavía conserva nas bóvedas e unha pia bautismal.

Continuamos a nosa ruta volvendo dirección a Boente para facer un novo intento de visitar os petroglifos de Gargamala. Cruzamos a aldea de Boente, neste tramo coincidimos coa ruta PRG 15 dos Muiños de Gargamala, recorremos unha parte visitando varios destes muiños, como o da torre, co canal a modo de acueducto, e facendo unha parada para a merenda e repoñer forzas.

Ansiosos por acadar noso tesouro, os petroglifos, enfeitizados como ante un espexismo nun deserto, divisamos un grupo de rochas que se nos asemellaba aos tan buscados petroglifos, saltamos muros, vallas e propiedades ata chegar ao noso oasis, para decatarnos de que estábamos ante unhas simpres rochas dentro dunha finca pechada. Pero trala mágoa a forturna volveumos sonrir, nóvamente encauzamos coa ruta e logramos chegar ao grupo de petroglifos da Laxe do Esperón, unha inmensa laxe fraccionada por lixos naturais, que dividen o gravado en varios conxuntos. Dominan na maioría as representacións charramangueiras, compostas por diferentes motivos. Aparecen cruciformes cos extremos dos brazos rematados en coviñas, ferraduras, cazoletas, béstas ou motivos en forma de phi, reticulados irregulares, pequenas circunferencias concéntricas, un posible zoomorfo e outros motivos de forma indeterminada. A maioría son de época histórica, aínda que os de tipo circunferencia, zoomorfos e cazoletas seguramente son da Idade de Bronce.

Dende aquí retrocedemos uns 50 metros para chegar aos Petroglifos de Campo Redondo, formados por unhas vinte rochas a de maior tamaño con combinacións circulares.

Lamentablemente a forte incidencia do sol e o desgaste da rocha non nos permitiu contemplalos no seu esplendor, e retomamos a ruta coa idea de voltar noutro día coa caida da tarde.

Dende aquí a ruta continuaba dirección ao foso do lobo pero nóvamente erramos e en lugar de seguir o camiño retrocedemos polos nosos pasos para regresar a Freaza dando maior rodeo e evitando o foso.

Trátase dunha ruta sin sinalizar, e a falta dun bo plano fixo que o tempo invertido fose dunhas 6 horas.

Hora de finalización as 16:45

No hay comentarios:

Publicar un comentario