martes, 7 de junio de 2011

PR-G 65 SENDEIRO DE "OS CARRANOS" Covelo.




Actividade do día 5 de Xuño do 2011
PR-G 65 SENDEIRO DE "OS CARRANOS" Covelo.

Participantes: Ana, Luisa, Nuria, Rita.

Hora de comenzo 11 e media.


Ruta circular de 9 km. O punto de partida e finalización é na Rectoral de Fofe.

O camiño no primeiro tramo nos conduce hacia a ponte medieval de Fofe, e atravesa frondosas fragas sombrías a través de camiños empedrados e corredoiras profundas que nos tranporta a unha época pasada. Dende a ponte existe unha variante de 600 metros que nos leva ás ruinas dun muiño nun entorno fluvial fermosísimo.
Dende aquí o seguinte punto a vistar é o Aserradero de Os Carranos, datado do ano 1922 que alberga hoxe un museo etnográfico, estaba pechado así que a nosa visita limítase á zona do exterior. O edificio nos mostra nun lateral, perfectamente restaurada, a noria que movía as máquinas ( a serra, o torno e o cepillo) impulsada pola auga do regato de Vixiáns. O nome dos carranos ven da sua utilización para a construcción de carros, tamén conserva o secadeiro, o almacén de madeira e unha pequena forxa, na parte onde se unía os edificios pódese ver aínda os raís no chan que se utilizaba para transportar a madeira ata o aserradeiro.
No entorno podemos ver o Matadoiro da ponte dos carros, formando conxunto coa ponte e o aserradero.
Dende aquí partimos hacia a Praia fluvial de Meceira por un camiño empedrado que baixa e cruza nóvamente un bosque autóctono onde a presencia do verde nos acompaña. chegamos a un punto onde o camiño se bifurca e temos que tomar o da esquerda xa que si continuamos hacia os pasos voltamos a Fofe sen baixar a área de Maceira, nun pricipio erramos porque a información non está clara.
Xa na Área de Maceira, podemos disfrutar dunha preciosa paisaxe do río Tea e as pontes que cruzan e recorren a praia fluvial, aínda que enturbiado o momento pola multitude que se congregaba para participar no rali que coincidía sobre as 3 da tarde.
Facemos un descansiño e continuamos o camiño voltando pola misma senda, cunha pronunciada subida, hacia os pasos de Portaliñares que permiten cruzar o regato de San Breixo. Dende aquí a ruta nos conduce de novo hacia a fraga e os camiños empedrados onde se poden ver perfectmente perfiladas nas pedras as marcas das rodas dos carros que durante anos o séculos transitaban sen descanso por estos paraxes.
O último tramo do camiño presenta unha subida con gran desnivel que nos devolve de novo á Rectoral de Fofe e ao final da nosa ruta sobre as 14: 45.

3 comentarios:

  1. Muy buena entrada y muy buenas fotos. Interesante lo del origen etimológico de "os carranos", algo que yo no sabía, creo que voy a dejar de seguir haciendo mi blog porque éste, la verdad, es muy completo. Saludos.

    ResponderEliminar
  2. Que dices Santi? ni se te ocurra dejar tu blog. Son dos puntos de vista diferentes de una misma ruta.
    Nos vemos el domingo

    ResponderEliminar
  3. Bonita ruta a que non poiden asistir,fotos preciosas e interesante documentación.gran traballo.

    ResponderEliminar