Sendeiro circular de 18 km de lonxitude.
Hora de comenzo: 10:00
Participantes: Amador, Ana, Delia, Kiko, Luisa, Nieves, Nuria, Rita e Santi.
Aínda que o comenzo da ruta ven marcado na ponte do Regueiro, decidimos comenzala no Pazo dos Marqueses de Mos para visitar o Pazo do séculoXVI e a igrexa de Santa Eulalia.
O recorrido é dificultoso xa que contamos con desniveles de 400 m.
Na primeira parte da ruta visitamos os muiños de Corviño e da Ponte do Río e a antiga ponte de Regueiro. Na subida ao Mirador da Caseta, o camiño cruza un bosque de pinos mansos salpicado de penas de diversos tamaños formando rincóns pintorescos com O Penedo da Pucha, Penide, A Pedra que fala e distintas formas como O Castelo e o Castelo pequeno.
O punto culminante da ruta é o Mirador de A Caseta dende aquí poidemos disfrutar de preciosas vistas sobre O Val de Louriña, A Ría de Vigo, As Illas Cíes, O Galiñeiro, Vixiador, Monte Aloia. O día estaba medio anubrado pero igualmente disfrutamos dunha paradiña para contemplar estas paisaxes.
Continuamos o camiño cunha baixada casi en vertical por un cortalumes, idea de Kiko, que complicou o tramo da ruta e acabou con algún polo chan.
A partir deste punto
xa todo o recorrido é en baixada. A seguinte parada toca no recinto da Penacova onde, cada ano na segunda semana de Agosto, celébrase a famosa Festa da Prehistoria, aquí podemos ver reproduccións de vivendas típicas dun castro, dólmenes e mámoas, así como decoracións a modo de arte rupestre.
Dende aquí existía a opción se subir ao Coto dos Castros e visitar no camiño un sartego antropomorfo pero non o atopamos e decidimos seguir baixando para acadar de novo o Pazo dos Condes de Mos e o final da ruta. As 15:oo horas.
Ese Kiko é un perigo,que malas ideas tén.
ResponderEliminarpois vai ser que sí ímos bautizalo como o trasno de garatuxa.
ResponderEliminar