Ruta da Liberdade. Tras os pasos do río Barbeira.
Día 21 de Maio 2011
Hora de saída 16:30 do Verdugo (Escuadra)
Lonxitude: 20km
Circular: Sí
Dificultade: Media.
Interés: paisaxístico e etnográfico.
Participantes: Amador, Ana, Kiko, Lola, Luisa, Nieves, Martín e Rita.
Esta ruta nace e morre na parroquia de Escuadra. Iniciase coa desembocadura do río Barbeira no lugar do Verdugo, e vai en busc
Existen varias derivacións como nas Chozas para ir a uns muíños, no Cabaniño para visitar o foxo do lobo e, chegando a Carrizáns para encontrarse co río Verdugo e os pasos de poldras, un muíño e un peto de ánimas.
Aínda que a idea era facer a ruta completa, como esta fin de semana coincidía coa festa que todos os anos celebra a As
Este ano o tradicional concurso dos espantallos foi sustituido por unha mostra de carros.
O punto de encontro foi a aldea de O Peso, as 18 horas.
A ruta a iniciamos no Verdugo saíndo da parroquia de A Escuadra, camiñamos sobre 1km ata aldea de O Peso, e dende aquí baixamos á Ponte do mesmo nombre ,a travé
s, dun camiño
empedrado.
O entorno de vexetación e o fluir do río acompañounos neste fermosísimo tramo.
Dende aquí, retornamos á aldea para reunirnos coa comitiva formada por un carro tradicional de madeira tirado por dúas vacas, un burriño e a xente do lugar, ataviados con roupas de labrego, que camiñaban tras él dirección San Lorenzo. No traxecto existía unha parada prevista no Muño Portela das Eiras, na aldea das Chozas, para facer unha representación da molienda de millo, pero foi imposible, dado o pouco caudal do río. Visitamos o muíño e contin
uamos a ruta ata chegar a San Lorenzo, por un recorrido con vistas dende distintos ángulos á Serra do Cando pasando pola aldea das Chozas e cos típico cierres, e rematando na aldea de San Lorenzo onde nos agardaba outro grupo de xente, os máis vagos que evitaron o traxecto a pé, e unha exposición de carros decorados con algún espantallo e materiais típicos que se transportaban como leña, baules ou palla, completaban esta exposción aparellos típicos de labranza como arados de distintos estilos, gadañas,etc .
Unha vez en San Lorenzo a seguinte actividade levounos a o interior da igrexa onde se procedeu a pasar varias proxeccións, unha de tipo documental explicábanos as labores de limpeza e acondicionamento da ruta por parte dos presos de A Lama, e outra xa centrada no tema deste ano, o carro, con entrevistas a dous veciños de 80 e 90 anos que explicaban con todo detalle cómo se contruía na súa época un carro galego na zona de A
Lama e
Covelo.
A festa continuaba cunha merenda a base de orella e chourizo r
egado co viño do país, pero
como a noite víñasenos en
riba decidimos retomar o camño de volta cara o Vedugo e non sucumbir a tan suculenta tentación.
A hora de finalización da ruta foi sobre as 21:30, así que en lugar de voltar pola Lama hacia Pontecaldelas decidimos ir por Augasantas para facer unha parada nos Petroglifos de Porteliña da Corte.
Outra fermosa ruta está vez animada pola representación popular do tranporte no carro.
Que ben se pasou nesta ruta,ogallá Dani organizador destes eventos consiga axuda,para manter vivas as tradicions,nos pobos e nas aldeas.
ResponderEliminarSí é un crac este Dani, pero sigo a decir que o dos espantallos é difícil de superar, é unha pincelada de color á ruta da liberdade.
ResponderEliminar