domingo, 15 de mayo de 2011

Ruta circular do Salgueiral - Río Almofrei

Ruta do día 15 de maio de 2011

Ruta circular do Salgueiral

Hora de comenzo as 10

Distancia 7,7 km, nós fixemos sobre 6 porque evitamos a parte lineal que vai de Ponte Bora a Portamuiños.

Participantes: Kiko, Nieves, Luisa, Ana, Santi, Nuria y Rita

A ruta a iniciamos no pobo do Salgueiral facendo un recorrido circular, os principais lugares de interés os temos na Ponte de As Leiras, Os pasos de Portamuiños, O Muiño de A Bouza e o Muiño de As Fervenzas.

A ruta circular do Salgueiral parte do Lugar de As Leiras cara aos Pasos de Portamuíños, como Kiko advertíunos de que os Pasos poderían estar anegados decidimos iniciar a ruta na entrada de O salgueiral e evitar o tramo lineal que atravesaba os pasos, e resultou mellor xa que aínda que a auga non supuña problema nesta ocasión, sí existía un obstáculo, que era a falta de varios pasos, e sería imposible cruzalos a no ser que molláramos os pés.

Iniciamos pois a ruta no panel que hai na entrada ao Salgueiral, baixamos a ver a ponte de As Leiras, en pedra e con parte do balaustre polo chan, éste non se cruza e se continúa a senda hasta chegar aos Pasos de Portamuiños, tampouco os cruzamos pero sí fixemos a foto de rigor, dende aquí circúlase en paralelo ao río pola súa banda esquerda atravesando unha zona cun bosque de galería de alto valor ecolóxico que conduce ao Muíño da Bouza, perfectamente restaurado e que todavía conserva no seu interior os elementos típicos da molienda como a moega, a quenlla , o traque e a moa, na moega todavía tiña uns grans de millo usados recentemente non sabemos con que fin, educativo ou tradicional, tivemos a tentación de levantar a comporta para ver se funcionaba pero non fomos quen de facelo. A partir do Muíño da Bouza a ruta sepárase un pouco do río para seguir por unha antiga canle de rego que vai cara ás Fervenzas, preto do outeiro coñecido como Pico Sacro. A senda que sube neste tramo final ten maior desnivel e dispón de cordas anudadas e barandillas que facilintan o ascenso ata o Pico Sacro, para poder contemplar unha vez na cima unha vista panorámica, xa que en todo o tramo anterior camíñase baixo un túnel vexetal.

Dende aquí puidemos baixar ata o Muíño das Fervenzas por un acceso en pendente que se desviaba da ruta principal.


Dende o Pico Sacro a senda discorre por un camiño forestal ata chegar ao lugar de A Bouza e dende aquí o percorrido continúa por un camiño empedrado ata o lugar de Ameixales.

Novamente retornando polo lugar do Salgueiral atravésase o núcleo no que se realizaron diversas intervencións de recuperación de gran número de vivendas que conservan a esencia galega, a pedra está presente nos muros, nas casas que desafían ao tempo, nas fontes, nos lavadoiros e nos hórreos que asoman a noso paso entre corredoiras e camiños empedrados que cruzan fragas silenciosas e cantarinas polo fluir do río e os paxaros, como a urraca, que nos acompaña no percorrido.


No núcleo existirán dous accesos alternativos da senda: un que conducirá até a zona de baño en A Balea, e outro que irá dende A Bouza ata o Muíño da Bouza.

O sendeiro seguiría polo núcleo de As Leiras e para rematar de novo nos Pasos de Portamuíños e dende aquí sube a Ponte Bora, pero este tramo non o fixemos xa que nós rematamos no mesmo panel de inicio, no Salgueiral.

A ruta parecéume fermosísima e o día saínos estupendo. Rematamos ás 12: 40.

Ata a próxima ruta que será A Senda histórica de Mos, esta vez o sábado 21 de maio pola tarde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario