Actividade do domingo 4 de novembro de 2011
Participantes: Álex, Ángel, Kiko, Nieves e Rita
Hora de comenzo ás 10:40
Realmente é unha ruta fermosísima, non entendo porque está tan mal marcada, imaxino que pola súa lonxitude, case 30 km.
Nós fixemos o tramo que vai dende Serrapio ata a Eira da Pena en Cerdedo.
Partimos da aldea de Serrapio, xústamente da Capela de San Lourenzo do século XVII, é curiosa a súa ubicación enriba dun outeiro, o conxunto conserva a capela, parte dun vía crucis e un cruceiro.
A aldea ten encanto porque mantén as súas casas de pedra case coa tipoloxía orixinal, pero semella fantasma xa que a maioría das vivendas están abandonadas.
Dende aquí un camiño en baixada nos leva ata a ponte de Pedre e a súa calzada medieval, a ponte é románica e construiuse sobre á confluencia do río Lérez e o seu afluente o Quireza. Ten tres arcos apuntados o que nos fala dunha época tardía do medievo seguramente rozando o século XVI.
O entorno outonal forma xunto coa construcción un paraxe digno de difrutar detenidamente, son deses lugares que parecen inalterables no tempo.
No medio da ponte pódese ver este sillar cunha inscripción, de época moi posterior na que se pode ver unha especie de ponte de tres arcos, seguramente a representación da propia ponte, e se lé o nome de Manolo, posiblemente algún canteiro que o rehabilitou no século pasado.
Dende aquí a calzada é toda en subida e se conserva case perfecta ata chegar a Pedre, na entrada da aldea nos reciben os primeiros hórreos que son o preludio do que a continuación poderemos ver na Eira grande de Pedre.
Pedre ofrece ao visitante un dos conxuntos artísticos mellor conservados, con casas e hórreos da tipolixía de pedra e mixtos, que son un bo exemplo da arquitectura popular galega e nos fala dunha terra da que saíron gran número de canteiros. O nome de Pedre deriva do latín, da palabra “petrix”, que significa “Lugares contruidos sobre terreo pedregoso”.
O conxunto está ubicado nunha especie de praza que ten unha superficie con prataforma granítica de grandes dimensións, da que toma o seu nome.
Históricamente é unha parroquia que se distingue polo gran patrimonio artístico, cultural e relixioso que aún posúe.
Na Eira Grande pódense ver oito hórreos, a maioría de dous craros, e algún deles pertencen a dous veciños ou máis. Na mesma eira hai outra máis pequena chamada a Eira do Pallal, aquí reuníanse os veciños para golpear o centeo, a famosa malla do centeo, e onde podemos ver cinco hórreos, todos restaurados.
Forma esta aldea un conxunto de casas tradicionais, de prantas irregulares, de pranta baixa e incluso algunha cun piso. Construidas en mampostería e sillería de granito, con cubertas de tella a varias augas. No exterior algunhas posúen unhas escaleiras que dan a un patín ou balconada de acceso ao interior da vivenda. A pranta baixa estaba reservada para os animais e os aperos de labranza.
Respeto ao patrimonio relixioso, hay que destacar A Igrexa de San Estevo, que se atopa próxima á Eira Grande, temos a sorte de poder visitala no seu interior, xa que a nosa chegada coincide coa saída da misa.
A orixe da igrexa é anterior ao século XVII xa que hai documentación que confirma que neste século estaba finalizada.
No interior sorpréndenos un relieve que probablemente estaba situado na fachada, segundo algunha fonte, aínda que eu penso que a igual que outros relieves similares, dispersos por nosa xeografía, formaba parte dun altar en forma de baldaquino, de estilo gótico probablemente entre os séculos XV e XVI, representan A Crucifixión e A Epifanía ou Adoración dos Reis Magos.
Durante a visita acompañounos o párroco e o sacristán, así poidemos ver o altar maior e os laterais, a pía bautismal, os relieves góticos, e na parte da tribuna mostráronnos un reloxio do século XVIII que segundo o párraco nunca foi reparado e da as horas coa puntualidade suiza.
Dende aquí partimos dirección Vichocuntín cruzando un paso elevado sobre a estrada nacional. Chegamos a unha fraga e as marcas se perden co que tivemos que andar monte a través ata atopar novamente o camiño correcto, pero xa perdendo á visita á ponte de Vichocuntín que deixamos para outra ocasión.
A partir de aquí o camiño tórnase en forestal e nalgúns tramos está anegado polas choivas, cruzamos varias fragas hata chegar á conxunto de San Antón, onde podemos ver a capela, a ponte e o cruceiro coa imaxe da Virxe Peregrina.
Facemos o descanso no lavadoiro próximo a Igrexa de Cerdedo.
Como xa é tarde e despóis da votación do grupo decidimos en vez de continuar ata Parada, facer á visita A Eira da Pena e voltar para Cerdedo, deixando o seguinte tramo pendente para o próximo domingo.
Ola Kiko!
ResponderEliminarMoi bonitas as fotos da camiñada. Nós, O Grupo De Andainas Rías Baixas estivemos no xoves dia 8 en Cerdedo a camiñar na Ruta Frai Martín Sarmiento... Unha maravilla de paisaxe. Tivemos sorte e non nos choveu... Calquera día atopámonos por algún deses montes maravillosos da nosa xeografía...
Saludos
Mary Carmen Moledo
Ola M Carmen! En realidad non son Kiko senón Rita.
ResponderEliminarA ruta de Frai Martín a fixemos a comenzos deste ano, cando todavía non estaba creado o blog de Garatuxa, foi das máis bonitas aínda que foi bastante dura polos desniveis...
Nós fixemos o grupo a través do facebook, primeiro co grupo de Sendeiros de Galicia e finalmente creando o grupo de Garatuxa Verde. Acabo de localizarte no facebook e mandeite unha solicitud de amistad.
Seguimos en contacto.
Muy chula la entrada, voy a hacer yo la mía
ResponderEliminar