
domingo, 25 de diciembre de 2011
lunes, 12 de diciembre de 2011
RUTA DAS PONTES DO LÉREZ DENDE CERDEDO A PONTE GOMAIL
Actividade do día 11 de Nadal de 2011.
Participantes: Ana, Ángel, Kiko, Luisa, Nieves, Nuria, Santi e Rita.
Tátase dun tramo do sendeiro das pontes do Lérez ( que vai dende Aciveiro ata Serrapio). Facemos a continuación do percorrido do domingo anterior.
Esta parte do sendeiro poderíamos catalogala de dificultade moi alta, xa que ás complicacións do relieve súmanselle as producidas polas choivas dos días pasados que anegaron camiños e ocasionaron derrumbes da senda na ribeira do río.
Os bastóns e o calzado apropiado nesta ruta resultan de gran utilidade.
A primeira parte vai pola marxe esquerda do río Lérez, unha senda cómoda atravesa unha zona de vexetación de ribeira, o Lérez baixa facendo pequenas fervenzas de gran beleza cuxo murmurio acompaña nosos sonoros pasos sobre o follaxe.


A paisaxe aos nosos pasos luce caprichosamente salpicada de muiños, ocultos tras cortinas de vexetación, que permanecen recios tras moitos anos de abandono.
A continuación o camiño se desvía do río para alcanzar a Carballeira de Sancal. Unha magnífica mostra do bosque autóctono galego.
As árbores centenarias estiran as súas ramas a modo de brazos tomando formas que parecen conter o espíritu do bosque.
Tras atravesar a Carballeira de Sancal, temos que subir ata á canle de derivación da minicentral. O camiño dende aquí vai entre o río Lérez (á esquerda) que forma unha pequena garganta e o canle (á dereita).
Nesta parte é fácil perderse, xa que as marcas desaparecen e a senda deixa a canle antes do final, nós imos despistados e facemos a ruta ata o final da canle co que temos que retomar o camiño para buscar a ruta correcta, que nos levará a Folgoso. Así temos que cruzar o monte por unha zona case en vertical que pón a proba a unión do grupo para alcanzar a cima.









Suscribirse a:
Entradas (Atom)