lunes, 30 de mayo de 2011

PRG-67 SENDEIRO HISTÓRICO DE MOS
















Sendeiro circular de 18 km de lonxitude.

Hora de comenzo: 10:00

Participantes: Amador, Ana, Delia, Kiko, Luisa, Nieves, Nuria, Rita e Santi.

Aínda que o comenzo da ruta ven marcado na ponte do Regueiro, decidimos comenzala no Pazo dos Marqueses de Mos para visitar o Pazo do séculoXVI e a igrexa de Santa Eulalia.

O recorrido é dificultoso xa que contamos con desniveles de 400 m.

Na primeira parte da ruta visitamos os muiños de Corviño e da Ponte do Río e a antiga ponte de Regueiro. Na subida ao Mirador da Caseta, o camiño cruza un bosque de pinos mansos salpicado de penas de diversos tamaños formando rincóns pintorescos com O Penedo da Pucha, Penide, A Pedra que fala e distintas formas como O Castelo e o Castelo pequeno.

O punto culminante da ruta é o Mirador de A Caseta dende aquí poidemos disfrutar de preciosas vistas sobre O Val de Louriña, A Ría de Vigo, As Illas Cíes, O Galiñeiro, Vixiador, Monte Aloia. O día estaba medio anubrado pero igualmente disfrutamos dunha paradiña para contemplar estas paisaxes.

Continuamos o camiño cunha baixada casi en vertical por un cortalumes, idea de Kiko, que complicou o tramo da ruta e acabou con algún polo chan.

A partir deste punto xa todo o recorrido é en baixada. A seguinte parada toca no recinto da Penacova onde, cada ano na segunda semana de Agosto, celébrase a famosa Festa da Prehistoria, aquí podemos ver reproduccións de vivendas típicas dun castro, dólmenes e mámoas, así como decoracións a modo de arte rupestre.

Dende aquí existía a opción se subir ao Coto dos Castros e visitar no camiño un sartego antropomorfo pero non o atopamos e decidimos seguir baixando para acadar de novo o Pazo dos Condes de Mos e o final da ruta. As 15:oo horas.


lunes, 23 de mayo de 2011

Ruta da Liberdade. Tras os pasos do río Barbeira.











Ruta da Liberdade. Tras os pasos do río Barbeira.

Día 21 de Maio 2011
Hora de saída 16:30 do Verdugo (Escuadra)

Lonxitude: 20km
Circular: Sí
Dificultade: Media.
Interés: paisaxístico e etnográfico.

Participantes: Amador, Ana, Kiko, Lola, Luisa, Nieves, Martín e Rita.

Esta ruta nace e morre na parroquia de Escuadra. Iniciase coa desembocadura do río Barbeira no lugar do Verdugo, e vai en busca do seu nacemento pasando polas aldeas de O Peso, As Chozas, San Lorenzo e Barbeira. E dende aquí o camiño diríxese a Covelo, cruzándose con otra ruta a PR-G 135 Roteiro da Escuadra, que chega a Santa Mariña, lugar de nacemento do río Barbeira. En Covelo seguirase en dirección ao Peso pasando por Vincurada e Carrizáns, coincidindo coa ruta Tras os pasos do Camiño Real pero en sentido contrario á nosa dirección. Chegando ao Peso vólvese ao Verdugo polo mesmo tramo de inicio da ruta.
Existen varias derivacións como nas Chozas para ir a uns muíños, no Cabaniño para visitar o foxo do lobo e, chegando a Carrizáns para encontrarse co río Verdugo e os pasos de poldras, un muíño e un peto de ánimas.

Aínda que a idea era facer a ruta completa, como esta fin de semana coincidía coa festa que todos os anos celebra a Asociación Cultural do Río Barbeira, decidimos cambiar o horario da ruta para acudir a este encontro. E limitalo recorrido ao tramo que de A Escuadra a San Lorenzo e retorno.

Este ano o tradicional concurso dos espantallos foi sustituido por unha mostra de carros.

O punto de encontro foi a aldea de O Peso, as 18 horas.

A ruta a iniciamos no Verdugo saíndo da parroquia de A Escuadra, camiñamos sobre 1km ata aldea de O Peso, e dende aquí baixamos á Ponte do mesmo nombre ,a través, dun camiño empedrado.

O entorno de vexetación e o fluir do río acompañounos neste fermosísimo tramo.

Dende aquí, retornamos á aldea para reunirnos coa comitiva formada por un carro tradicional de madeira tirado por dúas vacas, un burriño e a xente do lugar, ataviados con roupas de labrego, que camiñaban tras él dirección San Lorenzo. No traxecto existía unha parada prevista no Muño Portela das Eiras, na aldea das Chozas, para facer unha representación da molienda de millo, pero foi imposible, dado o pouco caudal do río. Visitamos o muíño e continuamos a ruta ata chegar a San Lorenzo, por un recorrido con vistas dende distintos ángulos á Serra do Cando pasando pola aldea das Chozas e cos típico cierres, e rematando na aldea de San Lorenzo onde nos agardaba outro grupo de xente, os máis vagos que evitaron o traxecto a pé, e unha exposición de carros decorados con algún espantallo e materiais típicos que se transportaban como leña, baules ou palla, completaban esta exposción aparellos típicos de labranza como arados de distintos estilos, gadañas,etc .

Unha vez en San Lorenzo a seguinte actividade levounos a o interior da igrexa onde se procedeu a pasar varias proxeccións, unha de tipo documental explicábanos as labores de limpeza e acondicionamento da ruta por parte dos presos de A Lama, e outra xa centrada no tema deste ano, o carro, con entrevistas a dous veciños de 80 e 90 anos que explicaban con todo detalle cómo se contruía na súa época un carro galego na zona de A Lama e Covelo.

A festa continuaba cunha merenda a base de orella e chourizo regado co viño do país, pero como a noite víñasenos enriba decidimos retomar o camño de volta cara o Vedugo e non sucumbir a tan suculenta tentación.

A hora de finalización da ruta foi sobre as 21:30, así que en lugar de voltar pola Lama hacia Pontecaldelas decidimos ir por Augasantas para facer unha parada nos Petroglifos de Porteliña da Corte.

Outra fermosa ruta está vez animada pola representación popular do tranporte no carro.

domingo, 15 de mayo de 2011

Ruta circular do Salgueiral - Río Almofrei

Ruta do día 15 de maio de 2011

Ruta circular do Salgueiral

Hora de comenzo as 10

Distancia 7,7 km, nós fixemos sobre 6 porque evitamos a parte lineal que vai de Ponte Bora a Portamuiños.

Participantes: Kiko, Nieves, Luisa, Ana, Santi, Nuria y Rita

A ruta a iniciamos no pobo do Salgueiral facendo un recorrido circular, os principais lugares de interés os temos na Ponte de As Leiras, Os pasos de Portamuiños, O Muiño de A Bouza e o Muiño de As Fervenzas.

A ruta circular do Salgueiral parte do Lugar de As Leiras cara aos Pasos de Portamuíños, como Kiko advertíunos de que os Pasos poderían estar anegados decidimos iniciar a ruta na entrada de O salgueiral e evitar o tramo lineal que atravesaba os pasos, e resultou mellor xa que aínda que a auga non supuña problema nesta ocasión, sí existía un obstáculo, que era a falta de varios pasos, e sería imposible cruzalos a no ser que molláramos os pés.

Iniciamos pois a ruta no panel que hai na entrada ao Salgueiral, baixamos a ver a ponte de As Leiras, en pedra e con parte do balaustre polo chan, éste non se cruza e se continúa a senda hasta chegar aos Pasos de Portamuiños, tampouco os cruzamos pero sí fixemos a foto de rigor, dende aquí circúlase en paralelo ao río pola súa banda esquerda atravesando unha zona cun bosque de galería de alto valor ecolóxico que conduce ao Muíño da Bouza, perfectamente restaurado e que todavía conserva no seu interior os elementos típicos da molienda como a moega, a quenlla , o traque e a moa, na moega todavía tiña uns grans de millo usados recentemente non sabemos con que fin, educativo ou tradicional, tivemos a tentación de levantar a comporta para ver se funcionaba pero non fomos quen de facelo. A partir do Muíño da Bouza a ruta sepárase un pouco do río para seguir por unha antiga canle de rego que vai cara ás Fervenzas, preto do outeiro coñecido como Pico Sacro. A senda que sube neste tramo final ten maior desnivel e dispón de cordas anudadas e barandillas que facilintan o ascenso ata o Pico Sacro, para poder contemplar unha vez na cima unha vista panorámica, xa que en todo o tramo anterior camíñase baixo un túnel vexetal.

Dende aquí puidemos baixar ata o Muíño das Fervenzas por un acceso en pendente que se desviaba da ruta principal.


Dende o Pico Sacro a senda discorre por un camiño forestal ata chegar ao lugar de A Bouza e dende aquí o percorrido continúa por un camiño empedrado ata o lugar de Ameixales.

Novamente retornando polo lugar do Salgueiral atravésase o núcleo no que se realizaron diversas intervencións de recuperación de gran número de vivendas que conservan a esencia galega, a pedra está presente nos muros, nas casas que desafían ao tempo, nas fontes, nos lavadoiros e nos hórreos que asoman a noso paso entre corredoiras e camiños empedrados que cruzan fragas silenciosas e cantarinas polo fluir do río e os paxaros, como a urraca, que nos acompaña no percorrido.


No núcleo existirán dous accesos alternativos da senda: un que conducirá até a zona de baño en A Balea, e outro que irá dende A Bouza ata o Muíño da Bouza.

O sendeiro seguiría polo núcleo de As Leiras e para rematar de novo nos Pasos de Portamuíños e dende aquí sube a Ponte Bora, pero este tramo non o fixemos xa que nós rematamos no mesmo panel de inicio, no Salgueiral.

A ruta parecéume fermosísima e o día saínos estupendo. Rematamos ás 12: 40.

Ata a próxima ruta que será A Senda histórica de Mos, esta vez o sábado 21 de maio pola tarde.