jueves, 6 de febrero de 2014

RUTA FREI MARTIN SARMIENTO


Comenzamos o ano 2014 de Garatuxa Verderde.


 


 Pese as inclemencias do tempo con esta fermosa ruta circular que parte da rectoral de Cerdedo.

Ruta do día 26 de xaneiro de 2014.
Participantes Patricia, Rafa, Rita e Santi.

Distancia 14 km.
Hora de comenzo 10.15. Hora de remate 14.30

 A ruta comenza na praza de San Fernando onde podemos desfrotar da fermosa Igrexa, reitoral e cruceiro, baixamos por unha antigua calzada medieval, chamada "A Torrente" que xa fora usada en tempos romanos.

Pasamos por un antigo lavadero tradicional a man esquerda para encontranos cunha marabillosa panorámica do conxunto da Ponte de San Antón.
 
 A ponte construida sobre o Río Castro ten unha posible orixe medieval, puidendo datar a sua contrucción so século XIII. Posúe dous arcos semicirculais e tamaxares no machón intermedio de pranta triangular.
 

Un elemento interesante nesta ponte é a sua placa conmemorativa insertada verticalmente no petril no punto máis alto do lomo de mula. Esta prancha de pedra está coroada por unha pequena cruz de aspecto máis recente, mostrando na súa cara frontal os restos dunha inscripción pobablemente da época barroca, nestos paneis soianse grabar textos alusivos ao momento da construcción da ponte. Polo que seguramente a ponte actual aínda que construida sobre unha antiga medieval sexa de época barroca (entorno ao século XVIII).



 Este conxunto, que merece un tempo de dedicación, está formado pola calzada, ponte, capela e cruceiro. E todo integrado nun entorno natural único, rodeado de fragas de castaños, co que teremos unha estampa diferente dependendo da estación na que o visitemos. No noso caso o inverno mostrounos unhas árbores espidas e cubertas dunha néboa que fixo das instantáneas auténticas postais.



 O cruceiro tamén é moi interesante, é probablemente do século XVIII, posue na basamenta unha inscripción conmemorativa moi erosionada e e de difícil lectura, tamén se aprecian restos dunha hucha para a recollida de limosnas. O realmente interesante é a parte do crucifixo, si polo anverso ten como de costume o Calvario pola parte posterior posúe unha imaxe da Virxe Peregrina. Esta imaxe é excepcíonal na figuración relixiosa de cruceiros galegos. Probablemente a Virxe representada e atavidada como xacobea, teña relación co Santuario da Peregrina de Pontevedra, e neste conxunto de San Antón seguramente garde relación cun posible trasiego de peregrinos da comarca hacia Compostela a través da Estrada.


 


 Dende aquí o camiño tórnase de subida ata chegar a aldea de Lourido onde a pedra reina en cada unha das súas casas. ao noso paso canastros, lavadeiros, cruceiros e capelas desafían ao tempo intégrandose nas aldeas que asoman como fantasmas dun tempo mellor, e a pedra como testigo dun oficio, o de canteiro.



 



Aquí podemos visitar a Ermita de Santa Catalina (sXVIII)

 

Dende aquí contimuamos dirección a Revolta para visitar a Ermita de San Salvador.

 

Baixamos un camiño ata cruzar o río por unha pontella, un rincón moi pintoresco formado por unha árbore centenaria que nos pediu unha forte aperta, un muiño e a pontella.

 



 E xa en Raposeiras a topamos a casa de Frei Martín Sarmeinto, xusto detrás da casa podemos ler nunha placa un poema do Monxe: "Pasei por Cerdedo, logo pasei o río e Ponte Piñoa, e cheguei a Aldea das Raposeiras".



Camiñamos un pequeno tramo ata chegar a aldea de Melide onde visitamos a Ermita da Virxe de Loreto.



Dende aquí comenza o tramo máis duro da ruta cunha subida pronunciada, eso sí nun etorno fermosísimo de fragas de árbores centenarias. A subida é duns 2 ou 3 kilómetros ata alcanzar a estrada que leva ao parque eólico.

 



 

 


Cruzamos a estrada e xa pronto entramos na aldea de Carballás, con cruceiro, lavadeiro e fonte, semella morta fai moitos anos, aquí visitamos tamén a Ermita da Conceución do século XVIII.


 

A partires de aquí a ruta baixaba por un pequeno sendeiro en pendente que comunicaba coa aldea de Barro, pero por mor da néboa saltamos o desvío e temos que facer uns catro kilómetros máis seguindo a estrada.



 Xa en Barro os impresionantes hórreos colgados sobre os tellados,o chan empedrado , o murmullo da fonte e o túnel de pedra formado por tan caprichosas construccións de casas unidas entre sí semella un conto no medio da bruma.



Saíndo do conxunto temos un lavadeiro e unha fonte.



Dende aquí partía un desvío da ruta que ía por 3 muiños duns 1,6 km. Pero o marco de desvío estaba tirado no chan e tamén o saltamos, non voltamos por falta de tempo...



Dende aquí o camiño nos conduce ao Ponte Piñao e de novo ao inicio da ruta na reitoral. Moi recomendable aínda que a Federación de Montañismo a descatalogara por falta de mantemento.













No hay comentarios:

Publicar un comentario