Ruta do domingo 8 de enero 2012.
Hora de comenzo: 10:30.
Paticipantes: Ana, Kiko, Nieves, Rita e Santi.
O comenzo da ruta o facemos na igrexa de San Martiño de Verducido en A Lama.
Desde aquí collemos unha pista que vai hacia o cementerio, e xa se empezan a ver as marcas que levan a aldea abandonada de A Fraga.

As vistas polos camiños e corredoiras son como diapositivas que pasan ante nosos ollos a cada paso, así podemos ver a Fracha, Monte Peneda, o Cando, e incluso o Castrove.

As corredoiras e camiños empedrados que conducen á aldea de Fraga, outrora testemuñas do contínuo tránsito de carruaxes e xentes, amósanse ante nós, cheas de malezas, esquencidas e en desuso fai moitos anos.

O noso tanscorrer polos camiños cubertos con alfombras de follaxe, cruzando frondosas fragas, só coa presenza de árbores autóctonas. Seguramente nos amosou unha estampa similiar á de centos de anos atrás.

E chegamos á aldea abandonada de A Fraga, onde as vivendas de pedra gardan mostras dun pasado, así vemos os fornos de paredes cincentas, onde outrora se coceran miles de pans, hoxe inútiles .


As eiras de pedra, impertérritas, nos falan dun pasado onde a malla era unha actividade moi común e motivo de festas e reunións dos veciños.

E curiosamente puidemos observar a presenza de esqueletos de cabalo en cada unha das entradas das casas de toda a aldea, seguramente como amuleto ou para protexerse de supostos feitizos.




Os botixos que seguramente calmaron moitas sedes agora amósanse esquecidos, formando parte da paisaxe.


Dende aquí habería que retornar á entrada da aldea para subir aos petroglifos da Laxe do Val do Gato, pero nós cruzamos a aleda e continúamos saltándonos o punto máis interesante da ruta e que lle da nome.

A ruta dende aquí cruza o Val do Gato a través de sendas e camiños empedrados, neste tramo podemos ver curiosas formacións de rochas, ben en preciosas cazoliñas ou algunhas con formas de seta.


Deixamos a zona de bosque e desembocamos na aldea de A Freixa, aquí podemos ver un lavadeiro e algún curioso hórreo, e collemos o camiño dirección a Estacas para chegar ao noso seguinte punto de interés a calzada real e a ponte Anceu.





Así chegamos á ponte medieval de Anceu sobre o río Parada, a traves do tramo de camiño real coñecido como o "Camiño dos Arrieros", por onde se conducía o viño dende Ribadavia ata Pontevedra.
A ponte chama a atención pola súa asimetría, con cinco arcos en tamaño decrecente, está contruido no século XVII con trazas medievais, posúe uns taxamares de época Barroca e forma un conxunto moi pintoresco e de gran beleza xunto co río e a zona de bosque.


Dende aquí continuamos noso camiño retornando de novo á igrexa de San Martiño de Veruducido.
O río encáixase caprichosamente nesta zona e baixa formando tres fervenzas escalonadas, a forza da auga esculpiu multitud de pozas nas rocas adxacentes, algunha de máis de dous metros de profundidade.
Tras unha longa parada para desfrotar do entorno e facer fotos, rematamos a ruta dirixíndonos ao comenzo en Verducido.

No hay comentarios:
Publicar un comentario